Recepción e Confirmación do Pedido
Unha vez realizada a compra, enviaremos á conta de correo que nos facilitaches un resumo do teu pedido co número de referencia asignado, os artigos comprados e os datos para contactar connosco.
Enviaremos por e-mail a factura correspondente unha vez enviado o pedido.
Gastos de Envío
Os gastos de envío desglósanse durante o proceso de compra dependendo do peso e da dirección de envío.
O prazo de entrega é de 24/48 horas para produtos en stock e entre 8-15 días hábiles para o resto de produtos do catálogo. Os productos personalizados poden ter un prazo de entrega superior. Se o prazo fose maior ao previsto ou outros motivos, informaríase ao cliente para que decidise se esperar ao novo prazo ou cancelar o pedido.
En caso de devolución, o cliente deberá facerse cargo do envío do produto ao noso almacén polos medios indicados no apartado CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS. Os produtos personalizados, nunca admiten devolución, salvo defectos no produto ou na personalización.
A hora límite para a entrada de pedidos no mesmo día é ás 11:00 h. Todo pedido realizado a partir desa hora será considerado efectuado o seguinte día hábil.
Forma de Pago
-
Tarxeta de crédito: podes utilizar tarxetas de crédito VISA ou MASTERCARD para pagar a túa compra na nosa tenda.
Prazo de Entrega
Todos os envíos realizaranse a través da empresa de mensaxería ou correos. O teu pedido será enviado desde o noso almacén nun prazo máximo de 24/48 horas hábiles se o produto está en stock e recibirao na dirección indicada nun prazo máximo de 48 horas hábiles desde o momento do pedido. Para produtos que non teñamos en stock, o prazo de entrega oscilará entre 8-15 días laborables, xa que debemos pedilos ao fabricante. En todo caso, informarémoste por e-mail do número de expedición do pedido para que poidas facer o seu seguimento.
Se por calquera motivo non podemos enviarche a mercadoría no prazo comprometido, pedirémosche que nos indiques se aceptas un novo prazo adicional, salvo que o artigo xa non estea dispoñible ou a compra se realizase cun prazo específico expresado polo consumidor.
Neste caso, tes dereito a resolver o contrato. Podes ver como facelo no apartado CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS – Dereito de Desistencia.
Cambios e Devolucións
Podes solicitar o cambio ou devolución de calquera produto comprado na nosa web nun prazo máximo de 14 días naturais desde a súa recepción, sen necesidade de xustificar a decisión nin asumir custos adicionais. Salvo os produtos personalizados, que so se poderán devolver no caso de defectos ou personalización defectuosa pola nosa parte.
Se desexas exercer o teu dereito de desistencia, dispós dun formulario no apartado A MIÑA CONTA, desde onde poderás xestionalo comodamente.
O dereito de desistencia poderá exercerse sempre que os artigos a devolver estean en bo estado, sen usar e co seu embalaxe e etiquetado orixinal.
Unha vez exercido o dereito de desistencia, devolverémosche o importe aboado polos artigos devoltos nun prazo máximo de 14 días naturais, mediante o mesmo método de pago empregado na compra.
Para cumprir este prazo, é necesario que os artigos xa estean no noso almacén.
A devolución parcial dun pedido non é posible, salvo nos casos que estipula a Comisión Europea, onde se acorde bilateralmente entre o comprador e www.agasallosempresa.com
Os gastos de envío do pedido e da devolución serán descontados do importe da compra, salvo que o motivo da devolución sexa responsabilidade de www.agasallosempresa.com
Podes solicitar a devolución total ou parcial do teu pedido no apartado ÚLTIMOS PEDIDOS dentro de A MIÑA CONTA. Unha vez dentro do pedido, selecciona os artigos que desexas devolver.
Os artigos deben enviarse no mesmo embalaxe no que foron recibidos ou nun similar, e dentro do paquete debes incluír unha copia da folla de devolución ou do pedido orixinal.
Ofrecémosche a posibilidade de que un mensaxeiro pase a recoller o paquete na mesma dirección de entrega. Se desexas que o recollamos noutra dirección, envía un e-mail a maisdeseno@mail.com co asunto "Cambio dirección devolución", indicando a nova dirección. Non é necesario escribir datos no exterior do paquete, xa que o mensaxeiro levará unha etiqueta impresa. Tamén podes enviárnolo polos teus propios medios.
Os artigos devoltos deben incluír unha copia da folla do pedido ou, no seu defecto, un papel cos teus datos, e o número de pedido para realizar o reembolso.
Se desexas solicitar un cambio, envía un e-mail a maisdeseno@mail.com co asunto "CAMBIO + número de pedido", indicando os artigos que queres devolver e os novos artigos que queres pedir. Tan pronto teñamos listo o teu novo envío, chamarémoste para xestionar o envío/recollida e o pagamento/abono no caso de que haxa algunha diferenza económica.
Para cambios de talla, recomendámosche comprobar a dispoñibilidade de stock na nosa web antes de solicitalo.
Se tes algunha dúbida sobre o proceso de cambio ou devolución, ou se precisas máis información, podes contactar connosco en maisdeseno@mail.com